Don Martinos

Fuxan Os Ventos
앨범 : Sempre E Mais Despois

Pregoadas son as guerras
de Francia con Aragón.
¡Pobre de min que son vello,
guerras para min non son!
¡Mala seas ti muller
que non me deches varón!
Falou Dona Birolana
con arrogante razón:
-Non a maldiga, mi padre
non lle bote a maldición.
Deme as armas e o cabalo
serei seu fillo varón.
-Ténde-los cabelos longos,
non os encubrirás, non.
-Metereinos na armadura
atados por un cordón.
-Ténde-los ollos mimosos,
non os encubrirás, non.
-Eu baixareinos á terra
cando pase algún varón.
-Ténde-los peitos crecidos,
non os encubrirás, non.
-Deme un colete de ferro
servirame de xubón.
-Ténde-las mans moi branquiñas,
non as encubrirás, non.
-Deme seus guantes de ferro
terei as mans de infazón.
-Ténde-los pés miudiños,
non os encubrirás, non.
-Deme súas botas de ferro
enchereinas de algodón.

관련 가사

가수 노래제목  
Fuxan Os Ventos Rorro  
Fuxan Os Ventos A Voda  
Fuxan Os Ventos Canto De Seitura  
Fuxan Os Ventos Romance De Dona Eusenda  
Fuxan Os Ventos A Sarandilleira  
Fuxan Os Ventos Ai, Rosina  
Fuxan Os Ventos O Estraperlo  
Fuxan Os Ventos As Pachocas  
Fuxan Os Ventos O Cego Andante  
Ney Matogrosso Sangue Latino (Live)  




가사 수정 / 삭제

댓글목록

등록된 댓글이 없습니다.